Buscar

Últimos comentarios

Setembro 2010
Lun Mar Mér Xov Ven Sab Dom
<< <     
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Linkblog

b2evolution

  • SC Avogados

    Permalink

  • A Alma da Toga en castellano

    Permalink

En liña

  • Guest Users: 1

Sindicar esta bitácora


b2evolution
deseñada por LanVacation
evoskin por Danny Ferguson

Detalles do post: A pena de morte

A pena de morte

A nova coa que me deitei o venres pasado fíxome, unha vez máis aledarme de non vivir nun país onde exista a pena de morte, xa que foi abolida expresamente pola Constitución do 1978 no seu artigo 15.

Non é a miña intención defender aquí a figura de Sadam Hussein, nin moito menos. Pero non podo evitar pensar se a súa execución serve para algo. No noso ordenamento xurídico, as penas están orientadas cara a reeducación e a reinserción social; e aínda que todos sabemos que moitas veces isto queda só en boas intencións, o espírito da nosa lei lévamos a non considerar o dereito penal só como un castigo ou unha vinganza, senón como un modo (imperfecto, sen dúbida) de intentar que quen cometeu un delito reflexione sobre a súa conducta e non volte repetilo. Xa, sei que é un modo un tanto inxenuo de concibir o dereito penal; pero o contrario, convertelo nunha vinganza, nun mero castigo polos feitos cometidos, lévanos ó vello ollo por ollo, dente por dente que só nos conduce a unha espiral de castigo e violencia continuos.

Por iso non estou de acordo coa pena de morte; por iso, e porque penso que ninguén ten lexitimidade para quitarlle a vida a ninguén.

225 Palabras . Salomé Cancela . 05/01/07 . 14:49 . Permalink . Email . 225 views . 1 comentario

Comentarios:

Comentario de: Salomé Cancela [Membro] Email · http://www.scavogados.com/
Recoñezo o meu descoñecemento da lexislación penal militar; o que podo saber deste tema é polo publicado fai un tempo, cando se planteou a reforma desa lexislación. En calquera caso, certo é que do artigo 15 da Constitución debería eliminar, ó meu entender, calquera concesión nese sentido.

Doutra parte, o xuizo a Sadam Hussein foi nun tribunal civil, non militar.
PermalinkPermalink 16/02/07 @ 09:48

Facer comentario:

O teu email non se amosará na páxina.
Amosarase o teu URL

etiquetas XHTML permitidas: <p, ul, ol, li, dl, dt, dd, address, blockquote, ins, del, span, bdo, br, em, strong, dfn, code, samp, kdb, var, cite, abbr, acronym, q, sub, sup, tt, i, b, big, small>
(Saltos de líña convírtense en <br />)
(Set cookies for name, email and url)
(Allow users to contact you through a message form (your email will NOT be displayed.))