Buscar

Últimos comentarios

Xullo 2008
Lun Mar Mér Xov Ven Sab Dom
<< <     
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Linkblog

b2evolution

  • SC Avogados

    Permalink

  • A Alma da Toga en castellano

    Permalink

En liña

  • Guest Users: 4

Sindicar esta bitácora


b2evolution
deseñada por LanVacation
evoskin por Danny Ferguson

Detalles do post: Fidelidade

Fidelidade

O venres 8 de febreiro, o programa Máis Berberechos da Radio Galega emitiuse dende Pontevedra, co gallo do día do enterro de Ravachol, evento que marca a fin do entroido na cidade.

Como oínte esporádica dos berberechos, decidín achegarme ate o Café Moderno, que era onde se gravaba o programa. O primeiro invitado foi o alcalde de Pontevedra, co cal conversaron de moitas cousas, e unha dela foi a celebración dos matrimonios no concello.

Nestas, María Xosé Rodríguez, a presentadora do programa, comentou que lle chamara a atención, como asistente a un casamento en Pontevedra, que o alcalde fixera referencia a que os cónxuxes deben ser fieis, e que o comentara cun coñecido seu avogado e lle dixera que iso era unha licencia do oficiante, que non era necesaria tal cousa; ó que o alcalde dixo que si, que viña sendo unha tradición da cerimonia, pero nada máis.

Sorprendinme moito ó ouvir isto, pois aínda que non me sei de memoria o Código Civil, estaba case segura de que a fidelidade segue a estar recollida no texto legal e que non fora eliminada na súa última modificación.

Así que o primeiro que fixen o sábado foi ir ó Código Civil, para comprobar que eu non estaba errada, e que o artigo 68 segue establecendo a fidelidade como unha das obrigas dos cónxuxes.

Os cónxuxes están obrigados a vivir xuntos, gardarse fidelidade e socorrerse mutuamente. Deberán, ademais, compartir as responsabilidades domésticas e o coidado e atención de ascendentes e descendentes e outras persoas dependentes ao seu cargo.

277 Palabras . Salomé Cancela . 12/02/08 . 12:20 . Permalink . Email . 88 views . 2 comentarios

Comentarios:

Comentario de: lleni [Visitante] Email
Perdona , como abogado/a que me parece que eres,te voy a preguntar algo que me acaba de pasar:se puede anular un juicio ordinario porque fallo su grabacion?, gracias.
PermalinkPermalink 17/02/08 @ 21:50
Comentario de: Salomé Cancela [Membro] Email · http://www.scavogados.com/
É longo de explicar... pero si, si se pode anular o xuízo por un fallo na grabación, xa que se fai imposíbel que poida verse polos xuíces da instancia superior en caso de recurso, co que hai indefensión para as partes. De todos os xeitos, e salvo que haxa algún outro problema, retrotráense as actuacións ó momento do fallo da grabación.
PermalinkPermalink 04/03/08 @ 19:43

Facer comentario:

O teu email non se amosará na páxina.
Amosarase o teu URL

etiquetas XHTML permitidas: <p, ul, ol, li, dl, dt, dd, address, blockquote, ins, del, span, bdo, br, em, strong, dfn, code, samp, kdb, var, cite, abbr, acronym, q, sub, sup, tt, i, b, big, small>
(Saltos de líña convírtense en <br />)
(Set cookies for name, email and url)
(Allow users to contact you through a message form (your email will NOT be displayed.))