Buscar

Últimos comentarios

Xullo 2008
Lun Mar Mér Xov Ven Sab Dom
<< <     
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Linkblog

b2evolution

  • SC Avogados

    Permalink

  • A Alma da Toga en castellano

    Permalink

En liña

  • Guest Users: 8

Sindicar esta bitácora


b2evolution
deseñada por LanVacation
evoskin por Danny Ferguson

Detalles do post: Uso do galego na xustiza

Uso do galego na xustiza

Por casualidade, botándolle unha ollada rápida ás novas en Chuza, entereime de que o Consello Xeral do Poder Xudicial lle abrira un expediente á titular do Xulgado do Social nº2 de Santiago de Compostela, Dona Ana López-Suevos, á que se acusaba de "sectarismo e partidismo" por ter permitido a utilización do galego nun xuízo. Pero o máis curioso é que esa "indefensión" que a utilización da nosa lingua causou, ó parecer, a unha das partes, só se denunciou á vista da sentenza (que como poden supoñer todos os que dun xeito habitual pasan polo xulgado en cuestión, tamén se ditou en galego), e non no acto da vista.

Certo é que o artigo 231 da Lei Orgánica do Poder Xudicial di, no seu número 2, que os xuíces poderán usar a lingua oficial propia da Comunidade Autónoma (o galego, neste caso), se ningunha das partes se opuxese alegando un descoñecemento que puidera producir indefensión. Pero se esa salvedade non se fai no primeiro momento no que se usa o idioma que a parte di non entender, que sentido ten que se faga a posteriori?

Lóxico é que cada parte defenda os seus intereses como mellor lle pareza, faltaría máis... pero hai que ser coherente, e se un letrado (ou a parte) non informa do seu descoñecemento dunha lingua no primeiro momento, que sentido ten facelo despois?

Persoalmente, alégrome de que unha queixa deste tipo sexa arquivada: mal que lles pese a moitos, o galego é a nosa lingua.

Para os mal pensados, dicir que non me une coa xuíza implicada ningún tipo de relación que non sexa a estritamente profesional das veces (poucas) que tiven asuntos (uns con sentenzas favorábeis e outros non) no seu xulgado (nin sequera penso que me recoñeza se me ve pola rúa), pero paréceme que non merece que lle abran un expediente por algo coma isto. Nin ela, nin todos os xuíces e maxistrados que se ocupan de que o galego esté presente en todos os ámbitos da nosa vida.

356 Palabras . Salomé Cancela . 08/04/08 . 17:37 . Permalink . Email . 69 views . 2 comentarios

Comentarios:

Comentario de: breogain [Visitante] Email · http://www.breo.blogaliza.org
Alédame escoitar esas verbas por parte dun letrado, e máis cando é para defende-lo noso idioma, o galego mal que lle pese a algún/moitos é a nosa língua, é unha das dúas línguas nas que se desenvolve a nosa sociedade e ten que ser respectada coma a que máis, hoxendia da verdadeiro noxo e vergoña escoitar cousas do estilo de que non se pode empregar o idioma nun xuizo, no traballo ou en calqueira actividade cotiá das nosas vidas.

un saúdo e parabéns polo artigo
breo
PermalinkPermalink 15/04/08 @ 15:18
Comentario de: Gourmetdeprovincias [Visitante] Email
Teño que dicir que a miña experiencia con Ana López-Suevos foi magnífica. Paréceme que a súa opción linguística, alén de ser un dereito, é un exemplo nunha profesión que, lamentablemente, aínda está ben lonxe da normalización.

Ben rechamante foi, no meu caso particular, que mentres a xuiza, estamento que habitualmente emprega o castelán como lingua de traballo, exerceu en galego, unha das partes, concretamente a que actuaba representando a unha institución pública galega que ten entre as súas atribucións fundamentais a defensa e a promoción da lingua e a cultura galega, o fixera en todo momento en castelán.

Significativo do país esquizoide que nos tocou.
PermalinkPermalink 15/04/08 @ 21:41

Facer comentario:

O teu email non se amosará na páxina.
Amosarase o teu URL

etiquetas XHTML permitidas: <p, ul, ol, li, dl, dt, dd, address, blockquote, ins, del, span, bdo, br, em, strong, dfn, code, samp, kdb, var, cite, abbr, acronym, q, sub, sup, tt, i, b, big, small>
(Saltos de líña convírtense en <br />)
(Set cookies for name, email and url)
(Allow users to contact you through a message form (your email will NOT be displayed.))